A piques de concluír o proceso de estabilización laboral de máis dun cento de traballadores en Boiro

BOIRO> O concello de Boiro está a desenvolver o proceso de estabilización do emprego que beneficiará a máis dun cento de traballadores. Están a piques de concluír os 53 procesos selectivos convocados.

Hai varios anos que o concello de Boiro e o comité de empresa están a traballar no proceso de estabilización do emprego co obxectivo de acabar coa alta porcentaxe de temporalidade entre o persoal municipal que roldaba o 90 por cento.

Na actualidade, tras un arduo traballo e extensas negociacións, están en marcha 53 procesos selectivos que permitirán consolidar 111 postos de traballo. Dende o comité de empresa puxeron en marcha unha oficina de asistencia técnica para a presentación de solicitudes co fin de que ningún traballador quedase fóra do procedemento.

A piques de concluír este proceso, o concello traballa de xeito paralelo na elaboración dunha Relación de Postos de Traballo actualizada posto que a anterior non se adaptaba á situación vixente do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí