Ribeira avanza na transformación do bordo litoral de Castiñeiras coa remodelación da Amexida

RIBEIRA> O concello de Ribeira segue a acometer actuacións para avanzar nun novo modelo de cidade con máis zonas verdes e espazos de lecer. A próxima será a remodelación da fronte litoral de Ameixida na parroquia de Castiñeiras.

O proxecto, cun orzamento de 163 mil euros, consistirá na renovación de todo o bordo litoral da praia da Ameixida, retirando os obstáculos visuais e habilitando espazos peonís e zonas verdes.

Xunto coa renovación do paseo dos Mosqueiros as dúas actuacións supoñen unha fonda transformación da fachada marítima da parroquia de Castiñeiras cun investimento superior ós 400 mil euros.

Con estas obras, Ribeira segue a avanzar cara un novo modelo de cidade plasmado tamén noutras actuacións do casco urbano como a reforma do Centenario ou as rúas Mendiño e Otero Pedrayo.