Galicia celebrará eleccións autonómicas o vindeiro 18 de febreiro

GALICIA> A poboación galega está chamada ás urnas o vindeiro 18 de febreiro de 2024. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá a súa decisión de convocar para esa xornada as eleccións en Galicia. Serás as súas primeiras eleccións como candidato do Partido Popular. Polo BNG repetirá Ana Pontón. Polo PSdeG estréase Xosé Ramón Gómez Besteiro.

Galicia estreará o 2024 cunha convocatoria electoral. Hoxe o presidente da Xunta anunciou que as eleccións autonómicas celebraranse o 18 de febreiro.

Rueda decidiu facer esta convocatoria despois de aprobar os orzamentos para o 2024, aínda que a actual lexislatura remataba no mes de xullo.

Estas serán as primeiras eleccións de Alfonso Rueda como candidato do Partido Popular. Tamén coñecemos os cabezas de lista das outras dúas forzas que compoñen o Parlamento de Galicia: Ana Pontón repetirá polo BNG e polo PSdeG estrearase Xosé Ramón Gómez Besteiro.

A campaña electoral comezará o 2 de febreiro. Antes disolverase o Parlamento galego coa publicación da convocatoria electoral no Diario Oficial de Galicia.