PORTO DO SON> Detida unha veciña da Pobra como presunta autora de alomenos un total de sete roubos con forza no interior de rochos, así como tamén tres delitos de furto.
Segundo informaron fontes da Garda Civil os feitos tiveron lugar o pasado mes de outubro, na localidade de Porto do Son e tamén en Padrón.
A investigación iniciada polos axentes deu coma resultado a súa identificación plena. A prendida vendera algún dos obxectos subtraídos en establecementos de compra-venda de segunda man de Ribeira e Boiro, podendo recuperarse parte deles, que xa lle foron entregados os seus lexítimos propietarios.
Xa pasou a disposición xudicial no Xulgado de Garda de Noia que é quen instrúe a causa.