Rianxo repite campaña de concienciación para as persoas que conducen baixo os efectos do alcol

RIANXO> A Policía Local de Rianxo, como é tradición nestas datas de Nadal, volve a lanzar unha nova edición da súa campaña de concienciación para as persoas que conducen baixo os efectos do alcol.

Baixo o lema ‘Bebiches? Ti decides quen te leva’, a campaña xa é visible nas redes sociais, con miles de reproducións.

Trátase dun vídeo en formato ‘reel’ da fotografía orixinal, na praza Castelao, diante do Concello.

A mesma idea coa que se iniciaron estas campañas de sensibilización contra o consumo de alcol ó volante xa hai varios anos. 

A iniciativa busca evitar accidentes, e que no caso de que teñan que coller os seus vehículos, recorden que existen outros medios alternativos máis seguros.