As Raíñas Magas visitan á cativada de Boiro na véspera da Cabalgata

BOIRO> Un ano máis, as Raíñas Magas percorreron Boiro como antesala da cabalgata de mañá. No seu itinerario polas parroquias atenderon as peticións dos máis cativos e repartiron doces e caramelos. Éo segundo ano que o concello pon en marcha esta iniciativa con grande éxito entre a rapazada.

Na véspera da chegada dos Reis, as Raíñas Magas percorreron as parroquias de Boiro para recoller as peticións de última horas dos pequenos que aínda non tiñan claro qué pedir na súa carta. A primeira parada foi en Abanqueiro onde ademais dos cativos foron recibidas polo alcalde a a concelleira de Cultura que lle deron a benvida ó municipio. Tras visitar tamén Cespón e Cures durante a mañá, o percorrido continuou ó longo de toda a tarde por Macenda, Cures, escarabote, Cabo de Cruz e Boiro.

Tras esta máxica visita, os nenos boirense prepáranse para a cabalgata de mañá, organizada pola asociación Parroquial de Santiago de Lampón, que partirá ás cinco e cuarto dende Escaraote para chegar á praza do concello sobre as sete da tarde, onde terá lugar a recepción dos Reis e unha chocolatada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí