A POBRA> Os centros de beleza e perruquerías son outros dos sectores máis prexudicados pola pandemia. As novas restricións impostas pola Xunta limitan un pouco máis a súa actividade. Aínda así non son todo malas novas para eles, ó poder manter o seu horario habitual e abrir ata as nove e media como sector profesional que son.
As novas restricións impostas pola Xunta son un novo golpe para o sector das perruquerías e centros de estética. Moitos negocios mesmo chegaron a plantexarse pechar e outros, introducir cambios no seu horario de apertura ó público. Outros pola contra intentan seguir para adiante da mellor forma que poden…
A pouca claridade da nova normativa fixo que moitos negocios descoñeran se podían abrir máis alá das seis da tarde, a hora fixada para o peche de todo o comercio.
Dende o sector tamén se queixan das restricións á mobilidade impostas pola Xunta, que provocará a perda de moitos clientes que residen fóra do municipio, ó non ser considerado un servizo esencial.
Durante este tempo os centros de estética e perruquerías viron reducida considerablemente a súa actividade, nalgúns casos en máis dun 50%.