A viaxe a Eurodisney de Congalsa xa ten gañadores

A POBRA> Araceli Rivas foi a afortunada gañadora da viaxe a Eurodisney patrocinada por Congalsa no marco da campaña de Nadal da Pobra. Péchase así unha campaña moi exitosa no que respecta non só á participación senón tamén ó volume de premios repartidos.

Esta mañá tiña lugar a entrega do premio estrela da campaña de Nadal da Pobra: unha viaxe a Eurodisney para catro persoas, patrocinada pola empresa Congalsa.

Ademais desta viaxe, a campaña de Reccunchos de Nadal que se puxo en marcha o pasado 3 de decembro repartiu un vale de compra diario de 200 euros.

Os afortunados gañadores, especialmente o pequeno Manu, non podían agochar a súa ledicia por ter conseguido o premio entre os máis de 400 participantes no sorteo. Agora, non será doado elixir ós acompañantes nesta máxica viaxe posto que sobran os candidatos.