Máis de mil mozos percorrerán o camiño A Orixe no marco da Peregrinación Europea Xuvenil

A POBRA> Máis de mil mozos percorrerán estes días o camiño A Orixe no marco da Peregrinación Europea Xuvenil. O primeiro dos grupos, procedente da diócese italiana de Lucca, partirá mañá dende Ribeira para alcanzar Compostela o día 2 de agosto.

Unha trintena de mozos procedentes da localidade italiana de Luca serán os primeiros do programa de peregrinación europea xuvenil en percorrer o camino A Orixe.

Nos próximos días, e ata o 5 de agosto, sumaranse outros grupos procedentes de Andalucía, Cataluña ou Asturias ata alcanzar os 1030 peregrinos.

Esta iniciativa,na que por primeira vez se inclúe o camino que discorre polo Barbanza, suporá un antes e un despois para esta ruta ó contribuír á súa promoción, especialmente entre a mocidade.

A Peregrinación Europea Xuvenil comezou a preparase en outubro de 2020 pero a situación epidemiolóxica obrigou a pospoñela ata este ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí