Comisan 143 quilos de pescada ilegal en varios barcos en Ribeira

RIBEIRA> O servizo marítimo da Garda Civil, en colaboración co servizo de Gardacostas da Xunta, comisou preto de 144 quilos de pescada de talla inferior á regulamentaria. O operativo realizouse nun servizo conxunto a varios barcos en augas próximas a Ribeira.

Durante unha das inspeccións realizadas a un barco que navegaba xa rumbo ó porto de Ribeira, os axentes do servizo marítimo da Garda Civil, en colaboración co servizo de Gardacostas da Xunta, localizou uns 80 quilos de pescada con talla inferior á regulamentaria agochada en dúas  bolsas e tamén na tobeira de desfeitos ó mar.

Xa en porto, noutra inspección a outro pesqueiro atracado, atoparon tamén nunha especie de ‘trampilla’, onde se escondían un total de dez caixas de pescada de tamaño non permitido cun peso de 63 quilos. Despois de levantar as correspondentes actas de infracción, o peixe comisado foi entregado a un centro de beneficencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí