Besteiro convoca no Grove a alcaldes socialistas da costa na procura dunha estratexia común fronte aos pellets

O GROVE> O PSOE reúne no Grove unha trintena de alcaldes de toda a costa galega para dar unha resposta conxunta á crise dos pellets. Na reunión, encabezada polo candidado dos socialistas á presidencia da Xunta, aproveitouse para cargar contra a xestión do executivo de Alfonso Rueda. Xose Ramón Gómez Besteiro reivindicou que os comités de crise estean compostos por todas as administracións afectadas, con independencia do nivel de emerxencia. Demandou tamén máis recursos para os concellos e información veraz fronte as mentiras, dixo, da Xunta.

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta reuniu esta mañá nun hotel do Grove a unha trintena de alcaldes e alcaldesas da costa galega na procura dunha folla de ruta común ante a crise dos pellets. Xose Ramón Gómez Besteiro reivindicou unha estratexia conxunta ante esta problemática, lamentando a inacción do goberno galego.

Este encontro, avanzou Besteiro, terá continuidade. Aproveitou o socialista para demandar que os concellos e o conxunto de administracións estean nos comités de crise dende un primeiro momento con independencia do nivel de emerxencia.

Neste encontro, presentes tamén varios alcaldes da nosa contorna, como o de Boiro, O Grove ou A Illa.

Pola súa banda, o alcalde lamenta a falta de información aos concellos por parte da Xunta.

Logo de escoitar aos rexedores. candidato socialista demandou máis recursos para os concellos para que non sexan eles os que asuman os custos da limpeza. Aproveitou para para poñer en valor a coordinación ante a crise entre o goberno central e a Xunta, malia que -engadiu- chegase tarde.

E criticou a falta de información por parte da Xunta, á que volveu acusar de mentir. Besteiro, por último, quixo reivindica-la calidade dos produtos do mar de Galicia, para o que demandou unha campaña de promoción da calidade dos nosos produtos pesqueiros e marisqueiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí