‘Oxalá algún día se saiba toda a verdade. Se non encargareime eu cando estea fóra’

SANTIAGO> Visto para sentenza o xuízo do Chicle polo presunto intento de rapto dunha moza de Boiro. José Enrique Abuín quixo aproveitar a súa quenda de última palabra. Ademais de queixarse por como se levaron a cabo as actuacións contra el, tamén se dirixiu á familia de Diana Quer. Evitando o seu nome, asegurou que agarda que algún día se saiba toda a verdade.

As palabras do Chicle foron as últimas que se escoitaron na sala onde dende onte se celebrou o xuízo contra el polo presunto intento de rapto dunha moza de Boiro. José Enrique Abuín quixo facer uso da súa quenda de palabra para defenderse. Insistiu en que a rapaza nunca estivo dentro do maleteiro do seu coche.

Tamén se queixou polo xeito no que se levaron a cabo as actuacións contra el, e acusou á Garda Civil de mentir.

Na súa quenda de última palabra estiveron presentes tanto o caso que se xulgaba como o do asasinato de Diana Quer.

As súas últimas palabras foron para dirixirse á familia da moza madrileña. En todo momento, José Enrique Abuín evitou pronunciar o seu nome.

Comments are closed.