Un concurso de cartas de amor e un sorteo fotográfico para celebrar o Día dos Namorados na Pobra

A POBRA> O concello da Pobra desenvolverá varias actividades co gallo do Día dos Namorados. Ademais dun concurso de cartas de amor, sortearase unha cea entre aqueles que suban as súas fotografías no banco do amor que se instalará no Parque do Castelo.

Co obxectivo de fomentar a creatividade e a produción literaria en galego, o concello da Pobra convoca un concurso de cartas de amor polo Día dos Namorados. Haberá dúas categorías, unha xuvenil para mozos de 14 a 20 anos e unha adulta, con premios en cada unha delas.

As bases poderán consultarse na web municpal a partir de mañá, cando abrirá o prazo para enviar as propostas a concurso.

A maiores, o concello convocará un concurso a través de Instagram para que veciños e visitantes suban as fotos que se tomen no photocaal do banco do amor que se instalará no Parque do Castelo.

Tódolos participantes que suban as súas fotos o día 14 de febreiro entrarán no sorteo dunha cea para dúas persoas nun restaurante da Pobra.