BOIRO> Todo listo en Boiro para celebrar o entroido cun amplo programa de actividades. Ademais das propostas do concello, destaca a colaboración do tecido asociativo do municipio cos eventos organizados pola Comisión de Festas da Boliña e a asociación cultural Peñas Boiro.
O venres 9 de febreiro arrancarán as celebracións do entroido boirense coas Abadesas e a charanga TNT na rúa peonil. O sábado terá lugar unha das citas mákis tradicionais: a festa da Orella de Porco da Boliña que dará comezo ás sete da tarde.
Pero a cousa non acaba aquí xa que a festa continuará pola noite, de 11 a 3 da mañá, na praza de Galicia cun amplo cartel musical da man da asociación cultural Peñas Boiro.
O domingo pola tarde terá lugar a festa de disfraces e desfile infantil que sairá ás 5 da tarde da praza da Mancomunidade. O martes será a cita principal co cncurso e desfile de carrozas a partir das seis na praza de Galicia.
O fin de festa terá lugar o domingo 18 cun percorrido en autobús polos enterros das distintas parroquias.