Barbanza Arousa amosa o seu potencial enogastronómico en Fitur

BARBANZA> A Mancomunidade de municipios Barbanza Arousa volve a estar presente un ano máis en Fitur co obxectivo de seguir promocionando o seu alto potencial turístico. Na presentación da súa proposta no stand de Galicia da feira tomaron parte os catro alcaldes, acompañando á xerencia da entidade e o vicepresidente da Deputación da Coruña que tamén estivo presente no acto.

O stand de Galicia acolleu esta tarde a presentación da oferta turística da mancomunidade Barbanza Arousa para este ano 2024. A entidade volve a apostar por un turismo sostible e de alta calidade en destino. Un feito ó que axudou tamén a implantación do sistema integral de calidade sicted.

Este ano a aposta da Mancomunidade en Fitur volve a ser a promoción do turismo enogastronómico. Para iso apoiouse dun video titulado ‘Voces da conserva’ co que se intenta destacar a importancia deste sector na comarca.

Xunto ós catro alcaldes e resto de representantes dos catro concellos que integran a Mancomunidade, na presentación en Fitur contaron tamén coa particpación do Vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable de Turismo, Xosé Regueira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí