Outes incorpora este ano unha Feira de Nadal á súa programación festiva

OUTES> O xoves día 5 dará comezo o Nadal en Outes co acendido do alumeado na praza de Galicia. Dará o pistoletazo de saída a un amplo programa de actividades que busca o disfrute dos veciños e a atracción de visitantes para dinamizar a economía local.

Todo listo en Outes para dar a benvida ó Nadal cunha festa que terá lugar na praza de Galicia o próximo 5 de decembro.  Procederase ó acendido das luces e á inauguración dunha decoración diferente e sostible, elaborada en colaboración co tecido asociativo, e que incorpora novos elementos adquiridos polo concello.

Outra das citas destacadas será a feira de Nadal que se porá en marcha este ano por primeira vez.

O resto da programación componse de obradoiros, concertos e espectáculos para tódolos coa recepción dos Reis e a cabalgata como peche. Xa se poden consultar os días e horarios na web municipal.

Como actividades complementarias o concello volve convocar o concurso de decoración, tanto para vivendas como establecementos  comerciais, e recupera o certame de postais para os escolares. En ámbolos dous, haberá premios en vales de compra para as distintas categorías.