O SERGAS habilita un punto para PCR´s sen cita no hospital da Barbanza

BARBANZA> Este martes pola tarde iniciábase a realización de probas PCR sen cita e sen necesidade de petición médica para aquelas persoas sen síntomas compatibles coa covid na Área Sanitaria Santiago-Barbanza.

O SERGAS habilitou dous puntos en toda a Área. Unha delas no Hospital Clínico de Santiago, no andar menos tres do edificio de hospitalización. A outra no Hospital da Barbanza, na consulta dez do andar cero.

Nos dous casos o horario para poder realizar a PCR será de tarde, entre as tres e media e as nove.

As probas faranse tódolos días, a excepción do día de Nadal e o 1 de xaneiro. O día 24 realizaranse só ata as sete da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí