BARBANZA> Ethel Vázquez referiuse tamén a adxudicación por parte da Xunta, por un importe de 8,4 millóns de euros, das obras de ampliación e modernización da potabilizadora de Padrón co fin de aumentar un 40% a capacidade de tratamento.
Segundo ela a actuación virá a garantir o subministro de auga ós dez concellos conectados en ambas marxes da ría de Arousa.
O prazo de execución das obras será de 18 meses.
A Xunta asumirá integramente o financiamento e a execución da actuación, no marco dun convenio de colaboración asinado co concello de Padrón.
Coas intervencións previstas tamén se poderán superar as actuais limitacións no subministro e ofrecer maiores garantías de abastecemento a unha poboación de máis de 90 mil habitantes, en previsión dun futuro incremento da demanda.
Na actualidade a planta dá servizo, ademais de a Padrón, ós concellos de Dodro, Rianxo, Boiro, a Pobra do Caramiñal, Ribeira, Catoira, Valga e Pontecesures, e a ela está tamén conectada Vilagarcía de Arousa.