Iberdrola apoia a inserción laboral de mozos con discapacidade a través de AMICOS

BOIRO> Responsables de Acción Social da Fundación Iberdrola visitaron esta mañá as instalacións de Amicos en Boiro para coñecer ós participantes do programa ‘Semillero de empleo rural’. Neste ano, 15 mozos con discapacidade intelectual reciben formación en técnicas de xestión forestal no marco desta iniciativa impulsada por Iberdrola.

Dende o ano 2018, Iberdrola vén colaborando con AMICOS a través do ‘Semillero de Empleo Rural’ un programa de formación en xestión forestal e silvicultura para facilitar o acceso a un emprego e favorecer a integración das persoas con discapacidade intelectual.

É o caso de Roberto, que este ano sumouse ó programa xunto con outros 14 compañeiros que traballan xa en diferentes tarefas.

Nos últimos anos, un cento de mozos participou no programa, dos que máis de 20 accederon xa un posto de traballo.

Dende AMICOS quixeron agradecer a colaboración continuada de Ibedrola que leva anos amosando o seu compromiso cun colectivo tan vulnerable como as persoas con diversidade funcional a través de proxectos verdes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí