Nava Castro ensalza o potencial turísitco do Xeodestino Ría de Muros Noia

NOIA> Noia converteuse dende o luns nun punto de encontro para analizar o futuro do turismo no marco da sociedade global. A quinta edición deste curso, promovido pola Universidade da Coruña, recalou en Noia, un concello onde o turismo constitúe un dos principais motores económicos. Máis neste ano, que se celebra o 850 aniversario da súa fundación coa recuperación e recoñecemento do camiño inglés como obxectivo principal.O acto de clausura, celebrado esta mañá, contou coa aistencia da directora de Turismo de Galicia. Nava Castro destacou o potencial do xeodestino Ría de Muros Noia. A intención do concello e da Universidade é manter a liña de colaboración iniciada con este curso a través da organización de novas actividades con Noia como sede.