RIBEIRA> Acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e polo director do Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030, Óscar Fuertes, o titular do Mar, Alfonso Villares, mantivo na Escola Oficial Náutico pesqueira de Ribeira unha xuntanza cos membros do GALP 5 Ría de Arousa co fin de abordar a posta en marcha de proxectos que revaloricen a riqueza material e inmaterial vinculada ó litoral galego.
Villares aproveitou a reunión para reforzar a difusión da estratexia autonómica en favor do patrimonio do mundo do mar, na que se pretende involucrar, segundo el, ó conxunto da sociedade, das administracións e ao sector marítimo e onde se aposta porque os grupos de acción local do sector pesqueiro desempeñen un papel protagonista e promovan proxectos que contribúan a recuperalo e a poñelo en valor.
Aproveitouse o acto para presentar tamén o Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030, un documento único e pioneiro tanto a nivel nacional como internacional no que se recollen recolle un conxunto de accións co fin protexer e conservar o patrimonio marítimo galego.
É o resultado dun intenso traballo de campo por todo o litoral e nel recóllense as 100 medidas a aplicar antes do ano 2030 para avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia como no exterior.











