A Unidade de Cabalería da Policía Nacional súmase ao dispositivo antiincendios da Xunta

PONTEVEDRA> A Unidade de Cabalería da Policía Nacional xa patrulla os montes de Pontevedra. Dende onte e ata o mes de setembro seis cabalos participan no dispositivo antiincendios posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Telirón, Faife, Garceta, Telva, Polka, Umbenga e os seus xinetes axentes da Policía Nacional, xa traballan na vixilancia dos montes. Unha tarefa á que se suma o apoio ao sector turístico no Camiño de Santiago. Dende a unidade destacan que os cabalos poden acceder a lugares onde non é posible con vehículos de motor. Tamén o sixilo co que actúan grazas a estes animais.

As patrullas traballan de luns a domingo en servizo de mañá e de tarde, e poden chegar a calquera punto da xeografía galega en función das necesidades, que veñen determinadas pola Xefatura Superior da Coruña.

Este despregamento vense realizando todos os veráns dende o ano 2013.