Xunta e concello de Ribeira traballan para axilizar os trámites da futura residencia

RIBEIRA> A futura residencia de Ribeira será unha realidade a finais do próximo ano. A Xunta agarda licitar o proxecto en maio. Dende o concello están a axilizar os procedementos para outorgar os permisos urbanísticos que permitan comezar as obras canto antes.

A finalización do proxecto construtivo supón un novo paso na tramitación da futura residencia de Ribeira. En paralelo ó procedemento que está a desenvolver a Xunta, o concello traballa tamén na axilización dos permisos para a correspondente licenza urbanística.

Se os prazos avanzan segundo o previsto e non xorden trabas administrativas, a obra podería saír a licitación en maio e estar rematada a finais de 2025. Dende o concello agardan que ademais da construción, a Xunta cumpra o compromiso de xestión directa para contar cun servizo público e de calidade.

Xunto á residencia, dende o concello seguen a demandar a mellora doutros servizos públicos que afectan especialmente ós maiores como a atención sanitaria e a axuda no fogar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí