O Colexio Balmes de Noia celebra o Día Mundial das Enfermidades Raras cun mercado Solidario

NOIA> Hoxe 29 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra as Enfermidades Raras. Dende o colexio Jaime Balmes quixeron celebrar esta data cunha iniciativa solidaria para recadar fondos destinados á investigación destas doenzas.

A comunidade educativa do Colexio Jaime Balmes de Noia involucrouse na iniciativa impulsada polo centro para conmemorar o Día Internacional das Enfermidades Raras que se celebra o 29 de febreiro. Os alumnos elaboraron marcapaxinas, pulseiras, cadernos e demais obxectos artesáns para vender nos mercados solidarios que celebraron tanto en Boiro como en Noia.

A investigación é fundamental para axudar ós afectados por este tipo de patoloxías que, en ocasións, pasan anos sen ter sequera un diagnóstico. É o caso de Brais que padece, non unha, senón 5 enfermidades raras que comprometen a súa esperanza de vida e o seu día a día.

A pesar das dificultades que lle supoñen estas doenzas, que lle obrigan a someterse a terapias e constantes probas médicas, Brais é un neno feliz e celebra este día cantando e cun sorriso de esperanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí