RIBEIRA> O colectivo de artistas plásticas será o homenaxeado este ano en Ribeira polo Día da Muller. Ademais do acto institucional que se celebrará o día 8, desenvolveranse distintos obradoiros, exposición e actividades en colaboración cos centros educativos.
A apertura da exposición Empoderarte no Centro Cultural Lustres Rivas marca o inicio do Marzo da Igualdade en Ribeira que este ano terá como colectivo homenaxeado ás artistas plásticas.
Pero ademais deste acto institucional son moitas as propostas que compoñen as actividades programadas polo CIM. Haberá obradoiros e contacontos para o alumando de primaria así como un obradoiro de bixutería e reciclaxe con Lixo Atelier.. Ademais, traballaranse contidos relacionados coa igualdade en tódolos centros educativos non só no mes de marzo senón durante todo o curso.
Tamén a biblioteca municipal acollerá unha exposición de obras de temática feminista, como xerme dunha sección que se pretende crear con carácter definitivo na nova biblioteca.