A POBRA> A Pobra amplía a súa oferta cultural este outono con cinco funcións enmarcadas no ciclo teatral. Serán tódolos domingos pola tarde no Teatro Elma, dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro.
O concello da Pobra e a Rede Cultural de Deputación da Coruña achegarán ata a localidade barbanzá un total de cinco espectáculos teatrais durante o mes de novembro. Trátase de propostas innovadoras que abordan ademais temas de gran interese social como a igualdade de xénero, a memoria histórica e a saúde mental.
Inaugurará este ciclo a representación de ‘As Alumnas’ de Cultura Activa o domingo día 3 de novembro. O 10 tomaralle o relevo de Ste Xeito Producións que levará a escena ‘Neura’. O 17 subirá ás táboas ‘Verdeveras Expresións Artísticas’ coas Formas de Amar e o 24 de novembro Píscore representará a comedia familiar ‘Molto Barroco’ que mestura música e humor. O peche do ciclo correrá a cargo de Malasombra con Testosterona.
Tóalas funcións son de balde e darán comezo ás sete da tarde. Abriranse as portas 15 minutos antes para retirar as invitacións.