O PSOE acusa a Pepa Pardo de ‘traizoar’ aos pontevedreses trala última votación no Senado

PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra acusa á concelleira do PP Pepa Pardo de traizoar os pontevedreses. Fan referencia ao voto da tamén senadora onte na Cámara Alta, cando o PP botou abaixo os obxectivos de estabilidade orzamentaria para as administracións públicas no período 2024-20256 expostos polo Goberno central. Segundo Iván Puentes, no caso de Pontevedra, suporá que o concello terá que recortar en 5 millóns de euros o orzamento dispoñible.

Para o Partido Socialista de Pontevedra, a concelleira e senadora do PP Pepa Pardo traizoou onte na Cámara Alta aos pontevedreses.

Refírese Iván Puentes á votación na que Pardo, xunto aos demais senadores populares, votou en contra dos obxectivos de estabilidade orzamentaria para o conxunto de administracións públicas no período 2024-2026 expostos polo Goberno Central.

A maioría do PP na Cámara botou abaixo a proposta. No seu lugar, os concellos terán que pechar o 2024 cun 0,2% de superávit. Reducindo o gasto público. No caso pontevedrés suporá, segundo Puentes, un recorte de 61 euros por veciño e un total de 5 millóns de euros.

Para Puentes, esta votación supón tamén unha mostra da falta de liderado do presidente do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Esixiulle que defenda aos pontevedreses.