Comezan os traballos de reforma interior na casa consistorial de Ribeira

RIBEIRA> Avanzan a bo ritmo as obras de reforma da casa consistorial de Ribeira. Os traballos que suporán un investimento de máis de tres millóns e medio de euros,  implicarán unha mellora nas condicións de habitabilidade dos profesionais así como na eficiencia enerxética do inmoble.

Tralos traballos acometidos na fachada, esta semana deron comezo xa as obras de reforma interior na casa do concello de Ribeira. A actuación, financiada cunha subvención do goberno central para mellorar a eficiencia de instalacións públicas, implicará unha rehabilitación integral.

Ademais de supoñer unha mellora para traballadores e cidadáns que disfrutarán de espazos máis abertos, luminosos e accesibles, a obra implicará unha importante redución da factura enerxética para o concello posto que se trata dun edificio eficiente.