RIBEIRA> Tania Redondo presentou este mediodía a súa renuncia como concelleira do PBBI pasando ó grupo de non adscritos. Tomou esta decisión por coherencia trala presentación dunha moción de censura, di, planeada ás súas costas.
Dez días despois da moción da censura, a concelleira Tania Redondo comparecía para contar a súa versión. Se ben a edil asinou o escrito contra o aínda alcalde Luís Pérez Barral, o certo é que pronto desmarcouse da decisión mantendo as súas funcións de goberno e a lealdade cos socios do executivo. Hoxe oficializaba esta decisión renunciando ás filas do PBBI co que pasará ó gripo de non adscritos.
Redondo confirma as presións, procedentes do seus propios compañeiros do PBBI, que lle levaron inicialmente a asinar a moción de censura., para evitar prexuízos ó seu círculo familiar e persoal.
Acusou ós seus xa excompañeiros de negociar e pactar a moción de censura ás súas costas incumprindo o seu programa electoral e o acordo de goberno.
Visiblemente emocionada, quixo agradecer o labor de tódolos traballadores e dos outros membros do executivo que a arrouparon nestes duros momentos.











