Rouban a fontanería e causan importantes estragos nos vestiarios de Vista Alegre

BOIRO> Non é a primeira vez que entran a roubar nas instalacións deportivas de Vista Alegre, pero desta volta os estragos si que foron cuantiosos.

Os amigos do alleo entraron nos almacéns e nun dos vestiarios do campo, rebentando as portas para levarse toda a fontanería, causando tamén roturas nos falsos teitos.  Sabían ben o que querían.

Pendentes de avaliar os custes, nunha nova visita ás instalación na compaña do arquitecto municipal, dende o Concello lamentan este tipo de feitos.

Ademais dos gastos que carrexará a súa reposición para as arcas municipais, o incidente está a provocar tamén numerosas molestias ós diferentes equipos da Escola de Fútbol Municipal que non poderán empregar estas instalacións durante un tempo.

Os feitos xa foron denunciados no cuartel da Garda Civil que abriu unha investigación para dar co paradoiro dos posibles autores dos mesmos.