O SERGAS indemnizará a una paciente polas secuelas sufridas tras unha operación no hospital do Barbanza

BARBANZA> O Sergas deberá indemnizar a unha paciente pola consecuencias sufridas a raíz dunha operación no hospital do Barbanza. Os feitos aconteceron en xuño de 2014 cando a doente ingresou no centro hospitalario para someterse a unha intervención sinxela para a corrección dun xoanete. 

Aínda que aparentemente a operación se desenvolveu sen complicacións, a muller contraeu unha infección que acabou por causarlle graves secuelas no pe dereito, como dor e perda de mobilidade do dedo afectado.

A sentenza determina que a infección estaba localizada nunha zona profunda polo que só puido contraerse no quirófano, evidenciando que non se garantiron as medidas de asepsia. Aínda que o tribunal dá a razón á demandante, tan só establece unha indemnización de 20 mil euros fronte ós máis de 70 mil que solicitaba.