Boiro recuperará este ano os seus tradicionais enterros de entroido

BOIRO> O concello de Boiro aposta este ano por recuperar as tradicións do seu entroido. Ademais dos tradicionais enterros do Óso e da Cunca, este ano volverá a Cabo de Cruz o enterro do Farruco.

Despois de que o pasado ano, o concello de Boiro editase unha publicación sobre os distintos enterros que se celebran no entroido, este ano publicará un monográfico sobre o enterro do óso de Abanqueiro. Esta mesma semana, os pequenos do colexio de Abanqueiro recibirán charlas divulgativas  e teatralizadas sobre esta tradición e o día 25 farán no centro ‘ O enterro do Osiño’.

Outra das tradicións a recuperar será a do enterro do Farruco en Cabo de Cruz que será o seis de marzo, domingo de piñata. Nesa mesma xornada celebranse o enterro da cunca en Praia Xardín e o dobre enterro do óso posto que o ano pasado non puido celebrarse por mor da covid.

Ademais dos enterros o concello programou as tradicionais actividades de tódolos anos. O día 27 terá lugar o desfile infantil dende a para da Mancomunidade ata o concello onde se celebrará unha festa infantil.O martes de entroido tocaralle a quenda ó gran desfile de carrozas. As bases do concurso estarán disponibles na web municipal proximamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí