Atopan restos óseos na exhumación do sarcófago de Xohán Marino en Vilaxoán na busca da orixe de Cristovo Colón

VILAGARCIA> A exhumación do sarcófago de Xohán Marino de Soutomaior comeza co achado de numerosos ósos. Os antropólogos descobren no sepulcro un fémur, un radio e un cranio. Os expertos creen que os ósos pertencen a unha soa persoa e que, a pesar de atoparse mal conservados, o seu estado aínda permitiría continuar cos estudos.

A exhumación do sarcófago de Xohán Mariño de Soutomaior comezou este luns na igrexa de San Martín de Sobrán. O obxectivo destas investigacións é descubrir se existía algún tipo de parentesco entre Xohán Marino e Cristovo Colón. Na apertura do sarcófago, os expertos atoparon un ataúde e algúns ósos.

Os antropólogos creen que os ósos pertencen só a unha persoa.

A pesar da súa mala conservación, os antropólogos están contentos co estado no que se atopan os ósos, xa que aínda permiten continuar cos estudos.

O seguinte paso e trasladar os ósos para realizar o estudo antropolóxico e o estudo xenético.

Con estes estudos búscase obter mostras de ADN dos ósos de Xohán Marino e comparalos cun suposto curmán que era parente de Cristovo Colón. Sempre baixo a teoría que afirma que Colón e Pedro Madruga son a mesma persoa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí