RIBEIRA> Os mellores nadadores de toda Galicia daranse cita este sábad no Campionato Norte-Sur que se celebrará en Ribeira. Trátase da segunda proba de natación máis importante a nivel autonómico, tan só por detras do campionato galego.
A pìscina municipal María Vilas da Fieteira é o escenario elixido pola Federación Galega de Natación para acoller o Campionato Norte-Sur no que se darán cita os mellores competidores de toda Galicia.
As probas comezarán ás dez da mañá e desenvolveranse ó longo de toda a xornada, prevendo a entrega de premios a partir das sete e media da tarde. O evento, organizado polo concello en colaboración co Club de Natación Ribeira, será retransmitido vía streaming a través da canle de youtube municipal.











