Detido o presunto autor de varios roubos en vehículos e vivendas de Muros

MUROS> A Garda Civil de Muros detivo ó presunto autor de varios roubos en vehículos e segundas vivendas cometidos na localidade. Impútanselle dous delitos de furto tras subtraer vehículos coas chaves postas que utilizaba temporalmente para despois abandonalos. 

Tamén se lle atribúe a autoría de varios roubos con forza en vivendas deshabitadas, das que levou diversos obxectos e ferramentas.

A Garda Civil sospeita que puido ter a colaboración de terceiras persoas polo que a investigación segue aberta e non se descartan novas detencións. Polo momento, o detido xa foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Muros.