OUTES> Outes porá en valor o seu patrimonio a través de seis rutas guiadas. A empresa ‘Tremuzo’ será a encargada de dirixir estes percorridos afondando na historia dos enclaves polos que discorren.
Un total de seis rutas integran o programa ‘Coñece o noso patrimonio’ que, por cuarto ano, pon en marcha o concello de Outes en colaboración coa empresa ‘Tremuzo, Historia e Patrimonio’. Comezarán este domingo cun percorrido por San Miguel de Valadares e repetiranse quincenalmente ata o 23 de xullo.
Estas rutas son moito máis ca unha andaina posto que afondan na historia dos lugares polos que discorren de gran valor tanto natural como paisaxístico e patrimonial.
Para participar en cada unha das rutas é preciso cubrir un formulario dispoñible tanto na web municipal como na casa da cultura. As inscricións abriranse o luns previo a cada andaina.










