Meis pon a punto un dos principais accesos da ruta da Pedra e a Auga

MEIS> Meis pon a punto un dos principais accesos da ruta da Pedra e a Auga. Na zona de Gondarei de Abaixo acaban de insta-lo saneamento, cun investimento de 140.000 euros. A actuación supuxo tamén o reasfaltado de varias pistas e  a creación dunha senda peonil cara ao bar da ruta. Un establecemento, por certo, que o concello sacará a licitación a vindeira semana logo da súa rehabilitación.

A chegada do bo tempo acelera o remate dos traballos na contorna dun principais accesos á ruta da Pedra e a Auga, en Gondarei de Abaixo. O Concello de Meis vén de executar aquí o saneamento. A alcaldesa salienta que este é un paso máis para seguir ampliando a rede na que o concello leva investido case 400.000 euros nos últimos meses.

No caso desta actuación na parroquia de San Martiño, tamén se reasfaltaron as pistas e se creou unha sendo peonil no acceso á ruta.

Un establacemento que o concello vai sacar a licitación a vindeira semana. Esas instalacións tiñan unha orde de demolición, pero o concello conseguiu merca-la parcela e rehabilitalo. Dentro deses traballos, dotouse de subministro eléctrico, adquiriuse un clorímetro para a captación de auga e conectouse á rede de saneamento.

Por outra banda, a alcaldesa avanzou que se acaba de adxudica-la renovación da pasarela situada ao carón do Mosteiro da Armenteira, onde remata a ruta da Pedra e a Auga. A previsión é que estea rematada antes da chegada do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí