A mancomunidade do Salnés comeza un novo obradoiro de emprego buscando superar o 90% de contratación

SALNES> A mancomunidade do Salnés dá o pistoletazo de saída á undécima edición do seu plan integrado de emprego. 100 participantes formaranse en varias especialidades para buscar unha saída laboral. A novidade deste ano, é que a mancomunidade agasallará cunha moeda conmemorativa ao alumnado que participe en máis cursos e que mostre máis interese en adquirir unha boa formación.

A mancomunidade do Salnés volve poñer en marcha unha nova edición dun dos seus proxectos máis destacados, o obradoiro de emprego. Esta modalidade de formación prepara a 100 desempregados para mellorar os seus coñecementos e as súas posibilidades de inserción laboral. A mancomunidade deu o pistoletazo de saída a décimo primeira edición.

A clave do éxito deste obradoiro de emprego está na cooperación da mancomunidade coas empresas da zona.

Nas dez edicións anteriores formáronse máis de 1000 alumnos dos cales máis dun 90% conseguiron un contrato laboral. O obradoiro de emprego conta coa financiación da Xunta de Galicia que o sitúa como o máis importante de toda a comunidade.

Son moitos os cursos que realizará a mancomunidade do Salnés durante este ano para formar aos participantes do obradoiro de emprego. Para premiar aqueles máis participativos e que mostren máis interese, a mancomunidade entregaralles unha moeda conmemorativa. O acto de inauguración tamén serviu para o organismo comarcal presentase unha nova edición da súa revista do plan integrado de emprego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí