Meaño inicia as obras dun novo aparcadoiro na contorna do pavillón de Dena

MEAÑO> As obras volven a Meaño. O concello retoma o seu plan de dotación de aparcadoiros en diferentes puntos da localidade para atender ás demandas dos veciños. As máquinas xa traballan no entorno do pavillón de Dena para construír un aparcadoiro con 80 prazas.

O goberno de Meaño retoma o seu plan para dotar de aparcadoiros diferentes puntos do concello. A actuación céntrase en zonas estratéxicas, que ata o de agora non contaban con suficiente espazo para estacionar os vehículos.

Esta actuación estaba prevista para o mes de marzo, pero tivo que ser paralizada pola crise sanitaria provocada polo coronavirus.

Cos novos aparcadoiros no entorno do pavillón de Dena complétase un plan que comezou en outubro do 2019, coa dotación de novas prazas en Dena.

Trátase dunha das promesas electorais que o equipo de Carlos Viéitez fixo nas eleccións municipais do ano pasado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí