RIBEIRA> A próxima semana abre o prazo para inscribirse nos obradoiros do programa de dinamización para maiores que pon en marcha o concello de Ribeira. Haberá talleres de memoria e de enriquecemento educativo, lingua e cultura galegas, conversa en inglés así como Taek-Health e ximnasia adaptada.
Como cada ano, o departamento de Servizos Sociais de Ribeira pon en marcha un amplo e variado programa de actividades formativas para as persoas maiores. Ós habituais talleres de memoria, reforzo educativo, lingua galega e ximnasia engádense novas propostas para este curso.
Os interesados xa poden realizar a pre-inscrición a partir do próximo luns no departamento de Servizos Sociais ou a través da web municipal. As actividades desenvolveranse en tódalas parroquias e serán de balde.