Boiro habilitará unha vivenda para emerxencia social

BOIRO> Boiro porá en marcha a primeira vivenda de emerxencia social do municipio. Con este fin, sacou a licitación a reforma dunha antiga casa de mestres que se utilizará como vivenda de acollida temporal en situacións de risco ou vulnerabilidade.

O concello de Boiro sacou a licitación o proxecto de mellora dunha vivenda destinada a emerxencia social; unha proposta formulada polo BNG. O obxectivo é ofrecer aloxamento puntual en casos de especial vulnerabilidade mentres non se atopa unha solución definitiva.

A vivenda, cunha superficie de algo máis de cen metros, constará tres dormitorios e un baño, salón comedor e cociña. Ademais do acondicionamento interior procederase a mellora da envolvente térmica en cuberta e fachadas

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o 29 de decembro.