A Xunta investiu preto do millón de euros en Lousame en 2023

LOUSAME> Despois de asinar no libro de honra do Concello, a nova delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, destacou a colaboración existente entre as dúas Administracións, que permitiron investimentos no municipio por preto de un millón de euros.

A delegada repasou tamén coa rexedora as actuacións pendentes. Así analizaron tamén o proxecto froito dun convenio con Augas de Galicia para a mellora do saneamento en cinco núcleos do municipio como é o caso da Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e tamén Cruído.

Na reunión tamén abordaron diferentes liñas de axuda que pon en marcha a Xunta, ás que poderá presentarse o concello lousamiá, como veu facendo nestes anos, que posibilitará a realización doutras pequenas actuacións de gran valor para o municipio de cara a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.