POBRA> Un Nadal máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra terán premio, cunha nova edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas impulsado dende o Concello dentro da campaña ‘Volta o Nadal, voltan as Caramiñas’.
Seguindo a dinámica da anterior convocatoria, repartiranse 2.100 euros en premios, que serán en formato de vale/caramiñas, para poder canxear nos establecementos da localidade
As persoas interesadas en participar no Concurso terán de prazo ata o 2 de decembro para formalizar a súa inscrición.
O fallo do xurado que determinará os gañadores coñecerase o 11 de decembro.











