NOIA> A titular de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou na mañá nas instalacións do Instituto Campo de San Alberte a un dos grupos de nenos que participan no campamento de verán, financiado polo Goberno Galego a través do Plan Corresponsables.
Alí destacou a aposta que fai a Xunta por este tipo de iniciativas que benefician a unhas 600 familias da localidade, á que se destinan uns 80 mil euros
Dende o Concello agradeceron a axuda prestada pola Xunta para poder desenvolver este Campamento, contribuíndo así á conciliación da vida laboral e familiar de moitas familias do municipio.
Na visita a Conselleira fixo referencia tamén a que no conxunto de Galicia, o Plan Corresponsables permite ofrecer axudas a máis de 170 concellos e chegar así a máis de 12.000 fogares.
Segundo ela, neste ano 2024, o Goberno Galego destina 7 millóns de euros a este programa que aínda se completa tamén coas axudas destinadas a financiar os programas impulsados por entidades sociais.