BARBANZA> O PP sacou adiante unha emenda no Senado para instar ó goberno a declarar zona catastrófica as rías galegas afectadas polos temporais. Demandan axudas directas para os mariscadores que tiveron que cesar a súa actividade ante a mortaldade do bivalvo.
Os senadores do Partido Popular conseguiron introducir unha emenda a unha iniciativa presentada polo Grupo Plural, no que se integra o BNG, para solicitar a declaración de zona catastrófica nas rías galegas.
Con esta proposta, aprobada sen ningún voto en contra a e abstención do PSOE, o Senado manifesta o seu apoio á petición trasladada pola Xunta o pasado 20 de decembro instando ó goberno a aprobar esta declaración ante a alta mortaldade de bivalvos rexistrada tralos temporais. O senador José Manuel Balseiro, encargado de defender a meda, lembrou que a Xunta foi a única administración que habilitou axudas directas para apoiar ós mariscadores.
A declaración de zona catastrófica que si se aprobou noutras zonas de España, permitiría habilitar axudas para compensar as perdas dos mariscadores e adoptar medidas como aprazamentos ou exención de cotas á Seguridade Social que contribúan á recuperación do sector a medio prazo.