BOIRO> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza continúa coas protestas ante a saturación da atención primaria. Desta volta concentráronse ás portas do centro de saúde de Boiro, onde contan con tres médicos menos dos asignados.
As protestas ás portas dos centros de saúde do Barbanza son xa unha estampa habitual cada semana. é a forma que ten a plataforma en defensa da Sanidade Púvblica de protestar pola falla de médicos. En Boiro, onde se concentraban este mediodía, contan con tres médicos menos dos asignados. Isto repercute nunha merma da calidade asistencial posto que os facultativos en activo atenden a unha media de entre 40 e 60 pacientes diarios.
Insisten en que esta situación non é nova e xa se daba antes da pandemia. Sen embargo, agudizouse nos últimos tempos ante a fuga dos profesionais por mor das malas condicións laborais.
Instan á Xunta de Galicia a facer políticas en beneficio da sanidade pública que favorezan a atracción de profesionais a primaria con condicións vantaxosas e acordes á súa formación.