Xunta e Concello avanzan na tramitación da cesión da parcela na que se construirá a nova residencia

RIBEIRA> A titular de Política Social aproveitou a súa visita a Ribeira para falar do proxecto da nova residencia de maiores de ámbito comarcal que será construída na localidade, nas instalacións da antiga discoteca Hesta Kurva, en Palmeira.

Segundo ela será o quilómetro cero do novo modelo sociosanitario do futuro en Galicia.

Fabiola García referiuse tamén a outros proxectos no ámbito sociosanitario que poderían verse prexudicados por esta actuación como poden ser a residencia prevista para Boiro ou o centro de día de Rianxo. Segundo ela dende a Xunta non se descarta contemplar estes dous proxectos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí