RIBEIRA> O concello de Ribeira oferta este verán un amplo programa formativo en novas tecnoloxías. A aula CEMIT acollerá entre xullo e agosto varios cursos para nenos e adultos así como un campamento dixital para mozos.
Un curso de habilidades dixitais, dirixido a nenos de 8 a 12 anos, e un campamento para mozos de 13 a 17 impartido pola asociación Cibervoluntarios abrirán a programación estival da aula CEMIT en Ribeira.
En agosto impartirase para os máis novos un curso de informática divertida e os mozos poderán formarse en edición de vídeo e realidade virtual.
En paralelo, impartirase para a poboación adulta un curso de iniciación á informática en xullo e outros de novel medio e introdución ás redes sociais en agosto. Tódalas actividades son de balde e a inscrición pode realizarse contactando coa aula Cemit.











