O PP da Pobra demanda un mellor mantemento do exterior do mercado

A POBRA> O PP da Pobra denuncia o mal estado en que se atopa o edificio da praza de abastos ante a falla de mantemento. Piden que se acometa a limpeza exterior así como reformas interiores para mellorar as condicións de traballo dos praceiros.

Os populares pobrenses denuncian que nos últimos 8 anos non se ten acometido ningún investimento na praza da abastos para garantir un correcto mantemento do edificio que, no seu día, foi referente para outras vilas.

A falla de conservación non se limita a este inmoble. O PP tamén sinala o mal estado do casco urbano cunha limpeza deficiencia nas rúas coa consecuente mala imaxe para o turismo.