Boiro conmemorará o Día Internacional do Orgullo con diversos actos na Praza de Galicia

BOIRO> Esta mañá presentábase no Concello a programación deseñada co gallo da celebración do Día Internacional do Orgullo o vindeiro venres 28 de xuño.

As actividades, organizadas polo grupo de voluntariado xuvenil Turbina, serán do máis variado, arrancando ás cinco da tarde, na Praza de Galicia, coa realización dun mural colaborativo. Tamén se dará lectura a un pequeno manisfesto.

Dende o Concello destacaron a importancia desta cita, animando á veciñanza a participar nela, xa que é un dia para reivindicar e tamén para celebrar.